Events Calendar help
Mounqup
Friday, 12 January 2018, 20:30
Hits : 250

Venres 12 de xaneiro ás 20:30 h.

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe. As súas composicións son unha colaxe de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Compón na absoluta soidade da súa casa no medio da montaña de A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais que vai atopando na súa contorna. É no directo onde todo cobra sentido. Partindo desde un terreo frío e árido créanse xunglas sonoras sumando múltiples elementos que desembocan na éxtase sensorial. Poucas artistas representan tan ben a mestura de culturas, o compromiso con elas a través de influencias que van desde os ritmos africanos á experimentación nórdica máis arriscada.

Agora presenta o seu primeiro traballo de estudo, “Proba de Son” (2017), gravado no laboratorio de César “O Pana” do Carballiño da man do selo ourensán MOLHO. Componse de dez cortes que definen esta primeira etapa da artista. Un encontro de melodías suxestivas que nacen da terra para atoparse coa modernidade. Temas que falan das problemáticas sociais que nos axexan e das visións que manan das entrañas dunha persoa mergullada nos costumes naturais por decisión propia. Un ensaio vital que a través da música.

Mounqup é un grandes dos segredos do panorama galego que, despois de moitos concertos en salas e festivais, lánzase á aventura con “Proba de Son” (MOLHO, 2017).

Despois de varios meses traballando xuntos MOLHO/Mounqup conseguimos participar nalgúns dos festivais máis importantes de Galiza (Festival Internacional de Cine de Ourense, Atlantic Fest, O
Marisquiño, WOS Festival...), en festivais de pequeno formato como BuxoFest, Festival Sea Sons, Festival Corpo a Terra, Festival dos Eidos, Festival Ao Compaz... e en salas como Liceo Mutante de Pontevedra,Nave 1939 de A Coruña, Contrabajo de Vigo o El Pueblo Café Cultural de Ourense.
Grazas a este traballo e a gran acollida da proposta en directo, Camille alzouse co premio Narf á mellor artista do ano en Galicia e co número uno na lista de discos de Mondosonoro.

Agora toca o momento de saltar ao resto da península, cunha xira nacional que pasará por Zaragoza, Oviedo, Barcelona, Madrid, Valencia, Illas Canarias... e que esperamos sexa o trampolín á tempada de festivais 2018 onde presentaremos o seu segundo traballo de estudo.

Location : Parque Naútico - Castrelo de Miño

Back

Vindeiros Concertos:

Dom Dec 16 - VII Mercado da Estrela - Santiago de Compostela
Dom Dec 16 @12:00 - - Paco Nogueiras - Casa da Cultura - Pontedeume
Dom Dec 16 @12:00 - - XeRock - Centro Social Polivalente - Brión
Dom Dec 16 @12:30 - - Transilvanians + Life on Reggae Planet Sound - Aturuxo Bar - Bueu
Dom Dec 16 @20:00 - - Xoán Curiel, Carlos Castro e Alex Salgueiro - A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro
Dom Dec 16 @20:00 - - Vudú + Grüzvilla - Garufa Club - A Coruña
Dom Dec 16 @20:30 - - Sumrrá - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Dom Dec 16 @20:30 - - Tenue + Liquen - CSA do Sar - Santiago de Compostela
Dom Dec 16 @20:30 - - Coralie Yap-Chine e Mauricio Caruso - Modus Vivendi - Santiago de Compostela
Mar Dec 18 @17:00 - - Cé Orquestra Pantasma - Tradescola - Lugo
Mar Dec 18 @20:30 - - A Banda da Loba - Auditorio Municipal - Ourense
Mer Dec 19 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto