Events Calendar help
Radio Zapa!
Wednesday, 19 June 2019, 20:30
Hits : 49

Radio Zapa! nos Seráns en Feixóo

Radio Zapa! é un powertrio de rock explosivo e psicodélico de Compostela. Un estalido de letras incisivas, fuzz e intensas atmosferas instrumentais formado por Martín Zapata (guitarra e voz), Luís Iglesias (baixo e coros) e Fran Facal (batería e coros).
Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015. En 2017 presentan “Igual é diferente”, un E.P. co que presentan o seu denso e enérxico son e co que resultan vencedores do concurso Sons Mans do Festival Revenidas.
En 2018 presentan o seu novo single " LaCantinela", co que a banda se aproxima aínda máis ao stoner, á vez que comezan a estar presentes en carteis de festivais de toda Galicia e iniciar a súa andaina a nivel nacional onde consolidan un interesante nicho de seguidores.
Actualmente veñen de afrontar a gravación dun directo no programa Estudo3 de Radio Galega, a entrada de Luís Iglesias ao baixo, a preparación do lanzamento do próximo single e videoclip e a co-organización do festival Golfostela Malafesta en Compostela que resultou ser un auténtico éxito.

Location : Praza de Feixóo - Santiago de Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Dom Nov 17 - XXI Festa do Viño Novo de Arantei - Pavillón de Deportes - Arantei (Salvaterra de Miño)
Dom Nov 17 @11:00 - - XVI Festa da Zorza - Centro Cultural - Pontellas (O Porriño)
Dom Nov 17 @11:30 - - XXXII Festa do Cabazo - Colexio Carballal - O Carballal, Cabral (Vigo)
Dom Nov 17 @12:30 - - 12 Doces do Outono - Santiago de Compostela
Dom Nov 17 @17:00 - - X Serán e Magosto de Lourido - Lourido (Salvaterra de Miño)
Dom Nov 17 @18:00 - - Magosto en Xinzo - Xinzo de Limia
Dom Nov 17 @20:00 - - Vudú - A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro
Dom Nov 17 @20:00 - - Xoán Curiel - Teatro de Ribadeo - Ribadeo
Dom Nov 17 @20:30 - - Marcelo DoBode - Teatro Principal - Pontevedra
Dom Nov 17 @20:30 - - XXX Semana da Música da Terra de Melide - Casa da Cultura - Melide
Mar Nov 19 - Sumrrá - Blue Note - Shanghai (China)
Mar Nov 19 @18:00 - - Xoán Curiel - Galleria Nazionale di Arte Moderna e Contemporanea - Roma (Italia)

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto