Events Calendar help
1º Aniversario Krazzy Kray!
From Friday, 13 December 2019
To Sunday, 15 December 2019
Hits : 105

Cae o primeiro de moitos, e celebrámolo tal que así:

ENTRADA LIBRE TODA A FIN DE SEMANA

VENRES 13. 23:55h

Lysergic Jam Vol.1: Jam session aberta dirixida por Nico Rodríguez. A banda base está formada nada máis e nada menos que por Antón Torroncho ao baixo, Carlos Gil nos teclados, Lucas Fernandez á guitarra, a voz de Betty Amy e o propio Nico na batería. Eles abrirán cun par de temiñas e logo comezará a mestura de artistas presentes para que o talento flúa e a maxia apareza!

Lista de Spotify cos temas da Jam, bota unha escoita e súmate ao que queiras! : https://open.spotify.com/playlist/1WEjGgt2NYZKJ1SJ1O8Iwm?si=3vbIqwLkSuK_7QELL7QXKw

- Chicken: Maceo Parker
- Chameleon: Herbie Hancock
- Funk for your ass: Fred Wesley
- Hoochie Coochie Man: Eric Clapton
- Get Up offa that Thing: James Brown
- Come on, come over: Jaco Pastorius
- Sweet Home Chicago: Eric Clapton
- Sexy M.F.: Prince
- Born under a Bad Sign: Albert King
- Cissy Strut: The Meters

Little Pi DJ Set: O noso irmán Miúdo (pero maior) mándanos ao seu patrón directo aos pratos para culminar noite. Ollo que se trae baixo o brazo especialmente para a ocasión a súa nova birra #Allright , creada baixo a xuntanza WildThreesome Nomad Brewing da que forma parte.


SÁBADO 14. 23:55h

The Homens: A mítica banda compostelá regresa aos escenarios e veñen regalarnos un concerto especial para a ocasión

Las Hijas de ZP: Pinchada ecléctica, impredecible e misteriosa, tanto como as xefas dos pratos. Sabemos que son dúas integrantes de Agoraphobia, pero cales aparecerán desta vez?


DOMINGO 15. 19:00h

Krazzy Merenda con Family Folks: Logo de tremendo finde ben nos merecemos unha boa panzada que nos cure a resaca e nos deixe, se cabe, aínda mellor sabor de boca. A banda viguesa de country e folk poñerá a guinda do pastel

e repetimos...
ENTRADA LIBRE TODA A FIN DE SEMANA

QUEREMOS VERTE AQUÍ, AÍNDA QUE SEXA DE ANO EN ANO!

Location : Krazzy Kray! - Cambados

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Xan 23 @20:15 - - Entre Soños - Edificio Multiusos - Monforte de Lemos
Ven Xan 24 - A Banda da Loba - La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Ven Xan 24 @22:00 - - Stormseeds + Dagla - Sala Moon - Santiago de Compostela
Sab Xan 25 - Moon Cresta - Sala Master Club - Vigo
Sab Xan 25 @22:00 - - Rebeliom do Inframundo - Sala Filomatic - A Coruña
Sab Xan 25 @22:00 - - A Banda da Loba - Garufa Club - A Coruña
Sab Xan 25 @22:00 - - Meu + Zurriagazo - O Buril - Sarria
Sab Xan 25 @22:00 - - Golpe Radikal - A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro
Dom Xan 26 @18:00 - - Maianas - Casa da Cultura - Bertamiráns, Ortoño (Ames)
Xov Xan 30 - The Rapants - Sala Moon - Santiago de Compostela
Xov Xan 30 @21:00 - - Copa Turbo + Cuevas - Modus Vivendi - Santiago de Compostela
Ven Xan 31 @20:00 - - Dakidarría - Sala Copérnico - Madrid (España)

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto