Events Calendar help
MJ Pérez
Friday, 23 March 2018, 22:30
Hits : 65

MJ Pérez presenta o seu novo disco "Casandra" en Lugo A cantautora arzuá chega a Lugo para presentar o seu terceiro disco "Casandra" dentro do Festival Lubicán, na Casa do Saber. MJ continúa así cunha intensa xira por todo o territorio galego que comezou xa no mes de outubro do pasado ano. MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega que está deixando cada vez máis mella alá por onde pasa. Acumula xa 3 discos autoproducidos, sendo este terceiro disco "Casandra" o seu primeiro de estudio, no que conta coa colaboración da súa banda e outras colaboracións especiais, como son Paco Cerdeira (Zënzar, Pakolas, A Gramola Gominola), Richi Casás, Ailén Kendelman ( A Panadaría, Áureas) ou o zanfonista de vilalba Martiño Cabarcos. Está en plena xira de presentación, que trouxo un mes de marzo do máis intenso, no que MJ pasou polo escenario do Teatro Colón (Coruña), entre outros. A artista supera ano tras ano novas metas na súa traxectoria: en 2016 acada un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, tras as coruñesas Bala. Rematou o 2017 como gañadora do Xuventude Crea e xa en 2018 comezou sendo semifinalista dos Premios MIN da Música Independiente e neste momento é finalista dos Premiso aRitmar Galiza e Portugal. Agora chega a Lugo para presentar este novo disco dentro do festival Lubicán, acompañada de Ailén Kendelman ao violín e percusións. Será o venres 23 de marzo, ás 22:30h, na Casa do Saber.

Location : Casa do Saber - Lugo

Back

Vindeiros Concertos:

Mar Abr 24 @22:00 - - Juzz + Convidados - La Casa de Arriba - Vigo
Mer Abr 25 @19:30 - - Ses + Alidé Sans - Octubre Centro de Cultura Contemporánea - Valencia (País Valenciá)
Mer Abr 25 @21:45 - - Juzz - Sala Mardi Gras - A Coruña
Mer Abr 25 @22:00 - - Kúzlo Duse - Caldeirería 26 - Santiago de Compostela
Mer Abr 25 @22:30 - - Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Abr 26 - Galegote Rock 2018 - Pontevedra
Xov Abr 26 @21:00 - - Juzz - Aturuxo Bar - Bueu
Xov Abr 26 @21:00 - - Caxade - Praza de Santa María - Lugo
Xov Abr 26 @23:00 - - Zamaramandi - Contrabajo Club - Vigo
Ven Abr 27 - Branquia Fest - CSA do Sar - Santiago de Compostela
Ven Abr 27 - Galegote Rock 2018 - Pontevedra
Ven Abr 27 - XIV Foliada de Melide - Melide

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto