Events Calendar help
MJ Pérez e Sofía Espiñeira
Friday, 22 March 2019, 23:30
Hits : 34

Sofía Espiñeira e MJ Pérez unen as súas voces e os seus mundos en Melide

Dúas das cantautoras emerxentes máis destacadas do panorama galego suben ao mesmo escenario para unir as súas voces e misturar os seus mundos nun concerto do máis especial. Distintas, con diferentes estilos e personalidades na súa música, pero cun nexo común: ambas son cantautoras.

Sofía e MJ coinciden por primeira vez no I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo en 2014. Cada unha delas emprende o seu camiño, MJ sacando o seu disco Guerrilleira e posteriormente Casandra. Sofía Espiñeira saca o seu disco Alá onde agroman as herbas. Ambas xiraron por toda Galicia ata voltar a atoparse e con esa pregunta de "por que non?" comeza esta sinerxia na que "Agora cantas ti, agora canto eu..." e estas dúas artistas, con guitarra e voz como arma, entran en contacto e fusionan os seus mundos nun mesmo escenario.

Esta sinerxia verá a luz por primeira vez en Melide, este venres 22 de marzo, ás 23:30h na Sala A Fundación Bowling. Entrada 5€

Location : Sala A Fundación - Melide

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Dec 11 @12:30 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Aspamite - Teo
Mer Dec 11 @22:30 - - A Banda das Crechas -
Xov Dec 12 - Flow do Toxo + Tremenda Jauría - La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Xov Dec 12 - Lulavai - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Dec 12 @11:00 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Centro de Día da Cociña Económica de Compostela - Sanyiago de Compostela
Xov Dec 12 @19:00 - - Factoría de Subsistencia + Gonçalo Guerreiro - Discos Fans- Santiago de Compostela
Xov Dec 12 @21:00 - - Lulavai - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Dec 12 @22:00 - - Baiuca - Teatro Lara - Madrid (España)
Ven Dec 13 @11:00 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Hopsital Psiquiátrico de Conxo - Conxo (Santiago de Compostela)
Ven Dec 13 @20:00 - - Tenue + Salvaje - Nave 1839 - A Coruña
Ven Dec 13 @20:00 - - Gonzalo Caride Banda - Asociación de Veciños - Lavadores (Vigo)
Ven Dec 13 @20:30 - - Guadi Galego - Teatro Colón - A Coruña

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto