Events Calendar help
Subsolo Rap Fest VII
Friday, 22 March 2019, 21:00
Hits : 22

Nesta VII edición o Subsolo Rap Fest cumpre 10 anos. Unha década tentando visibilizar proxectos musicais á marxe de dogmas e tendencias impostadas. O vindeiro venres 22 de marzo queremos celebralo con todas vós nun evento no que contaremos cun cartel ecléctico composto por 4 propostas emerxentes da escena musical urbana. O evento terá lugar ás 21:00h no Moon Music Club (rúa República Argentina/35 – Compostela).

LA PVRGA

Albagé/Endtropy e Kamalasutra forman un cocktail psicodélico de ambient reguetón que se orixina cando esta galega e esta Asturiana se atopan en Madrid e deciden emprender un proxecto común que deu como resultado La Pvrga. Nesta edición do Subsolo Rap disfrutaremos dun live set moi especial no que poderemos coñecer esta orixinal proposta na súa fase incipiente. 

TEMPO NORTE

Tempo Norte é un proxecto formado en Compostela durante a primavera do 2017, con todo, levan xa un percorrido intenso editando varios traballos e presentándonse en eventos como a LXVI Festa do Albariño, o Festival de la Luz ou este mesmo festival na súa edición anterior. Tres vocalistas (Black Dahlia, Lil Naipe e Kazike) e un productor (DJ Tips). Un sorprendente crossover de distintas músicas urbanas co rap como ingrediente principal. 

SUD-AK´S

Sud-Aks son Beelattor e Rapsyko, dous artistas de orixe latinoamericana (Colombia e Cuba respectivamente) afincados desde hai anos en Galiza. Firmes expoñentes do rap conciencia sobre ritmos contundentes e flows que golpean con cada verso. Xa participaron na V edición do Subsolo en combo conxunto con Goma2Crew, mais desta vez poderemos desfrutar do seu potente directo nunha actuación integral.

KALI A.K.A. LA NEGRA

Esta mc lucense debutou hai escasos meses co seu traballo Gestando, pero leva xa uns anos repartindo o seu rap social e irreverente por toda a xeografía galega. Cando Kali actúa a rúa fala, pero nen só iso, tamén se confirma o que todas sabemos… Chegou o momento das mulleres. 

SUBSOLO RAP é un festival independente localizado na cidade de Compostela. O obxectivo deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de encontro para a escena underground do rap e das distintas músicas urbanas na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado do mainstream e as radiofórmulas habituais. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado 6 edicións de maneira intermitente en distintas salas da cidade, contando con artistas tanto do estado español como do portugués, pero principalmente da Galiza.

+INFO EN subsolorap.wordpress.com


Location : Sala Moon - Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Abr 25 - Galegote Rock 2019 - Pontevedra
Xov Abr 25 - Víctor Prieto & Abe Rábade - Café Latino - Ourense
Xov Abr 25 @21:00 - - MJ Pérez - Praza de Santa María - Lugo
Xov Abr 25 @21:00 - - Dioivo + Nakkiga - Pub Frenopátiko - Vigo
Ven Abr 26 - Galegote Rock 2019 - Pontevedra
Ven Abr 26 - Obal - A Cova Céltica - A Coruña
Ven Abr 26 - Víctor Prieto & Abe Rábade - Club Clavicémbalo- Lugo
Ven Abr 26 @20:30 - - Os Tres Pés - Brasería Mollos e Moios - Ortyoño (Ames)
Ven Abr 26 @21:00 - - Cantos de Taberna en Pontevedra - Pontevedra
Ven Abr 26 @21:00 - - Ezetaerre + Manu Haller - Sala López - Zaragoza (españa)
Ven Abr 26 @21:00 - - Dequenvessendo - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Ven Abr 26 @22:00 - - Thee Blind Crows - Sala Super 8 - Ferrol

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto