Events Calendar help
Asaghieiras Master Festival-CANCELADO
Saturday, 14 September 2019Hits : 127

CANCELACIÓN ASAGHIEIRAS 2019 

Sentimos informar do peor dos escenarios. Parece que no Concello de Carnota non hai cabida para o noso festival. Rogamos que difundades a mala noticia. A continuación, o comunicado oficial da directiva da ACRD As Aghieiras:

Compañeiras e compañeiros festivaleiros,

Desde o primeiro momento fomos conscientes das trabas que tiñamos para facer o festival no Faro de Lariño. Esta zona está protexida pola Rede Natura da Xunta de Galicia e nela non é posible facer actividades con música amplificada. Aínda así, apostamos polo Faro ata o último momento, tramitando as correspondentes solicitudes, pero tamén plantexando varias alternativas en Lariño (non afectadas por estes permisos sectoriais) ao Concello de Carnota.

Porén, despois de semanas de conversas, atopámonos a última hora coa sorpresiva negativa do Concello de Carnota a todas e cada unha das ubicacións que presentamos, dentro e fóra de Lariño, aducindo argumentos máis que cuestionables. Agradecemos aínda así a disposición do persoal do Concello e dalgunha persoa que forma parte do goberno do mesmo.

Debemos asumir a nosa completa responsabilidade ante esta situación, xa que a nosa aposta foi errada e non fomos quen de prever as continxencias que a última hora se nos presentaron. Somos unha organización pequena, cuxa ilusión é infinitamente maior á nosa capacidade de traballo. Pero tamén somos conscientes plenamente da falta de interese por parte das institucións na realización dun festival ecoloxista, que aposta polo entorno, pola música galega e local e por un modelo de festa alternativo ao das verbenas con orquestras. Unha comisión de festas nunca se vería con este tipo de trabas políticas nun municipio.

A 3 días do festival, sen unha proposta alternativa factible do Concello e ante a imposibilidade de aprazar o festival sen afectar ás bandas participantes, vémonos na obriga de cancelar o festival moi ao noso pesar. Desde aquí, pedimos desculpas ás enormes bandas que ían actuar no festival, as verdadeiras afectadas polas decisións arbitrarias, que ven como a súa música non ten cabida fronte ás discotecas móbiles e orquestras. Pedimos desculpas tamén a todas as empresas contratadas polo festival para o palco, carpa, equipo de son e provedores de bebida e comida. E, por último, desculpas a todas as persoas que nos apoian e que tiñan pensado vir desfrutar do festival.

Grazas pola vosa comprensión,
ACRD As Aghieiras.

Location : Lariño (Carnota)

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Nov 20 - Sumrrá - Blue Note - Beijing (China)
Mer Nov 20 @22:00 - - Handle Wiyh Swing - Filloa Jazz Club - A Coruña
Mer Nov 20 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Nov 21 - Baiuca - Monkey Week - Sevilla (España)
Xov Nov 21 @21:00 - - Trilitrate - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Nov 21 @22:00 - - Airoa - A Cova Céltica - A Coruña
Xov Nov 21 @22:00 - - Moura - Sala Louie Louie - Estepona, Málaga (España)
Xov Nov 21 @22:00 - - Sheila Patricia - Café Camalea - Santiago de Compòstela
Ven Nov 22 @19:00 - - I Festival Outono Musical - Auditorio do Centro Cívico - Teis (Vigo)
Ven Nov 22 @20:30 - - Moura - Bar Latino - Utrera, Jaén (España)
Ven Nov 22 @20:30 - - XXX Semana da Música da Terra de Melide - Casa da Cultura - Melide
Ven Nov 22 @20:30 - - XI Concurso Fran Pérez "Narf" para Grupos e Artistas Musicais - A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto