Events Calendar help
Romaría de Santa Minia
From Friday, 27 September 2019
To Sunday, 29 September 2019
Hits : 58

O venres 27, Día de Santa Minia, abrirase coa música da charanga Os Jalácticos, que volverá actuar ás 20:00 horas. Ao mediodía actuará o grupo de gaitas “Os Viqueiras” de Ordes, que darán paso á sesión vermú coa orquestra “Ibiza”, que tamén amenizará a verbena das 22:30 horas canda a orquestra “Marbella”.

Ás 17:30 horas, o mago Dani García volverá actuar na carballeira co seu espectáculo “Código”, unha hora de maxia inventiva e persoal que buscará a participación activa do público asistente. E ás 18:30 horas será a quenda da murga tradicional Os Campantes da Baña.

O sábado 28 terá lugar outro dos pratos fortes desta edición: o concerto de Treixadura e Xosé Lois Romero & Aliboria, ás 22:30 horas na carballeira de Santa Minia. Despois do gran éxito de público acadado o ano pasado por Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Brión volve apostar pola música tradicional galega como un dos sinais de identidade destas festas de Santa Minia.

Previamente, a programación cultural preparada polo Concello de Brión inclúe a sesión vermú coa Charanga Os Celtas, que volverán actuar ás 20:00 horas, e a actuación de Patty Diphusa con “SuperHarte”, un espectáculo de circo e clown (17:30 horas). Ás 19:00 horas terá lugar unha das citas clásicas da Santa Minia: a actuación das Escolas de Danza e Música Tradicional do Concello de Brión.

Finalmente, o domingo 29 será unha xornada con moita maxia, co espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos” do Mago Antón, un divertido espectáculo de xogos de maxia para adultos e crianzas que poderá verse ás 12:00 e ás 13:00 horas, así como a cada hora entre as 17:00 e as 20:00 horas. Ás 13:00 horas, a música correrá a cargo do grupo de gaitas Os Telludos, mentres que ás 19:00 horas terá lugar o tradicional Festival de Bandas de Música Populares. Actuarán a Banda de Música Municipal de Brión e a Banda de Música Isabel II de Touro.

Location : Santuario de Santa Minia - Brión (Brión)

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Nov 14 @21:30 - - MJ Pérez e Sofía Espiñeira - Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Xov Nov 14 @21:30 - - Da Silva & Rega - Sala Kominsky - Vigo
Xov Nov 14 @21:30 - - Sumrrá - Universonoro - Palencia (España)
Ven Nov 15 - MJ Pérez - Sala Soa - Guitiriz
Ven Nov 15 @20:00 - - Ezetaerre + Auxili - Sala Caracol - Madrid (España)
Ven Nov 15 @20:00 - - Tino Baz - Espazo Nemono. Edificio Villa Pilar - Pontevedra
Ven Nov 15 @20:30 - - XXX Semana da Música da Terra de Melide - Casa da Cultura - Melide
Ven Nov 15 @20:45 - - Entre Soños - Auditorio do Centro Cívico Cultural - Arteixo
Ven Nov 15 @21:30 - - Aló Django & Handle With Swing - A Arca da Noe - Vilar de Santos
Ven Nov 15 @21:30 - - Guadi Galego - Sala Capitol - Santiago de Compostela
Ven Nov 15 @21:30 - - Festival Fume de Carozo - El Gato de Schrödinger - Vigo
Ven Nov 15 @21:30 - - Tenue - Dobra Fest. La Lambiona - Torrelavega, Cantabria (España)

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto