Events Calendar help
Os John Deeres + The Cassavetes
Friday, 06 December 2019, 21:30
Hits : 324

Os canarios The Cassavetes e os estradenses Os John Deees, na Capitol o vindeiro 6 de decembro



O vindeiro venres 6 de decembro os canarios The Cassavetes e os estradenses Os John Deeres encherán de rock a Sala Capitol de Santiago de Compostela. A sala abrirá ás súas portas ás 21:30 h, e a o prezo da entrada será de 8 euros anticipada (na Reixa Tenda, na rúa do Hórreo, 46, Santiago de Compostela) ou de 10 euros na billeteira o propio día.

The Cassavetes nace en 2007 como proxecto persoal de Rubén Hernández (Illas Canarias, 1965), artista plástico vinculado como deseñador e fotógrafo a varias bandas desde finais dos 80 e que formou parte como músico, desde principios dos 90, de proxectos como Diplomáticos, Moral Femenina, José Mesa y Los Presentes, e Venus en Surf. A banda compóñena Fran Frechín á batería (Los Passos, Blood Mary. Marquee Moon), Jesús Pastor Gil Medina ao baixo (Los Passos, Bloody Mary), Francis Díaz á guitarra (La Pista Búlgara, Diplomáticos) e o propio Rubén Hernández coa guitarra e a voz. The Cassavetes contan con sete referencias publicadas en formato E. P.: Hometaping (2007), Landing on Earth (2009), I’ m your Mirror (2011), Heartbreak Mama (2013), Hit The Deck (2014), Blood, Love Soul (2015), Brilliant Life (2016) e o L. P. gravado en directo For The Chosen Few (2017). En Compostela presentarán o seu último traballo, o E. P. … SEEDS. Todo o material de The Cassavetes e doutros proxectos musicais de Rubén Hernández, pode escoitarse e descargarse de forma directa, libre e gratuíta desde a súa propia web, www.rubenhernandez.net, e do Bandcamp the-cassavetes.bandcamp.com, onde atoparás diversa información sobre cada traballo.

The Cassavetes - Rose Tattoo

Os John Deeres aproveitan a visita dos canarios para dar por finalizada a xira do seu último disco, 20-20, e presentar a súa nova formación, con Patty Castro (excantante de Meigha, colaboradora na xira de despedida de Nao e promotora da plataforma Mulleres Galegas Kañeras, MGK). A banda estradense de hard rock en galego, con case 15 anos de existencia, conta con dous traballos discográficos ás súas costas, 8 (editado en 2013) e 20-20 (de 2017).

Os John Deeres - Espiral

Location : Sala Capitol - Santiago de Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Lun Feb 24 @17:00 - - A Gramola Gominola - Festa Entroido - O Milladoiro, Biduído (Ames)
Lun Feb 24 @17:30 - - Uxía Lambona e a Banda Molona - Xinzo de Limia
Mar Feb 25 - Brassica Rapa - Santiago de Compostela
Xov Feb 27 - Golpe Radikal - Sala Moon - Santiago de Compostela
Xov Feb 27 @21:00 - - Os Amigos dos Músicos - Sala Capitol - Santiago de Compostela
Ven Feb 28 @20:30 - - A Banda da Loba - Teatro Pastor Díaz - Viveiro
Ven Feb 28 @21:00 - - O Sonoro Maxín + Gatibu - Sala Malatesta - Compostela
Ven Feb 28 @21:00 - - Ses - Sala Luz de Gas - Barcelona (Catalunya)
Ven Feb 28 @22:30 - - True Mountains + Wasted Wiltons - Sala Mardi Gras - A Coruña
Sab Feb 29 - Dios Ke Te Crew - Sala Master Club - Vigo
Sab Feb 29 - Festival do Queixo 2020 - Arzúa
Sab Feb 29 - Frying Luras + Yomelo Montosolo - Café Cultural Auriense - Ourense

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto