Events Calendar help
Espiño + Tomás Porteiro
Friday, 20 December 2019, 20:00
Hits : 58

Estamos super contentos de dar visibilidade a estes dous proxectos de Compostela cheos de talento e de honestidade compoñendo para comunicarse co mundo desde as entrañas!
Vide apoialos!
O sitio é a sala de concertos do Centro Xove, aínda non moi coñecido pero con moito futuro na escena compostelá. Está na Almáciga, detrás do Colexio Santiago Apóstolo e ao carón do Parque da Almáciga.

PROGRAMA
19:30h apertura de portas
20:00h Tomás Porteiro
21:00h Espiño

ESPIÑO

Espiño é o proxecto musical en solitario de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ó mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. O músico santiagués amosará a súa faceta máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego.
A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada actualmente por Alfonso Espiño ó baixo e voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González ós teclados e coros e LAR Legido á batería. A pesares do pouco tempo transcorrido dende o inicio do grupo, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais de 2016, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presentou en rolda de prensa o 1 de xuño de 2017.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Bandcamp de Espiño https://espinho.bandcamp.com/
Canle de YouTube de Espiño: https://www.youtube.com/channel/UC2yQvpxAHRxo-GRIPh45xrQ?view_as=subscriber


TOMÁS PORTEIRO

Tras anos desenvolvendo a súa faceta como compositor no grupo Sinestesia, Tomás Porteiro decide comenzar unha nova andaina, esta vez en solitario, defendo a súas cancións en formatos máis acústicos e reducidos. Para esta aventura contará coa axuda dalgúns músicos. Un de eles é Jose Zas, que co seu clarinete coloreará as novas composicións deste proxecto con sonoridades jazzísticas sen renunciar a sinxeleza e inmediatez do pop, ou folk-rock, con especial coidado do texto como xa viña sendo habitual en Sinestesia.
Nos tempos da superproducción e do autotune, esta proposta aposta pola comunicación da canción na súa esencia, sen artificios, case podríamos decir que esquelética, raquítica, recén chegada.

Location : Centro Xove da Almáciga - Santiago de Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Feb 20 - Brassica Rapa - Ourense
Xov Feb 20 - Fuzzo-CANCELADO - Sala Kominsky - Vigo
Xov Feb 20 @20:00 - - Guadi Galego - Cines Callao. Sala 1 - Madrid (España)
Xov Feb 20 @21:30 - - Bolboreta - Unplug - Milán (Italia)
Xov Feb 20 @21:30 - - Sheila Patricia - La Botica - Pontevedra
Xov Feb 20 @21:30 - - Foliadas na Coruña - Garufa Club - A Coruña
Xov Feb 20 @23:30 - - Minguante - Canal Street - A Coruña
Ven Feb 21 - Baiuca - Fiesta Infinitos - San Pedro Cholula (México)
Ven Feb 21 - Foliada no Entresons - Entresons - Tomiño
Ven Feb 21 @21:00 - - Saving Helen - Rock Café O´Cum - Santiago de Compostela
Ven Feb 21 @21:00 - - Os Kantaclaro - Casa Benito, Aturuxo e Leña Verde - Bueu
Ven Feb 21 @22:30 - - Dakidarría + Ezetaerre - Sala Master Club - Vigo

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto