Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Coanhadeira + Florencia Paz e Lucas Caballero
Wednesday, 16 August 2017Hits : 309

Ao aire libre. Mércores 16 de agosto ás 21:30 h.

Coa actuación previa de Florencia Paz e Lucas Caballero.

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque galegos e de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galicia), A Carballeira de Zas (Galicia), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galicia), festival da Rebusca (Galicia), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L'Orient (Francia), entre outros.

No 2015, lanzan tras un longo período de traballo, o seu novo álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa, contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto