Events Calendar help
Loiros
Sunday, 11 March 2018, 20:30
Hits : 49

Domingo 11 de marzo ás 20:30 h.

LOIROS é un novo proxecto fruto da unión dos músicos galegos Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra e voz) co guitarrista francés Wilfried Wilde e o baixista e cantante alemán Felix Barth. Nesta ocasión, estarán a presentar o seu novo Ep, titulado “Arp.”

Nel, mergúllanse nunha peculiar mistura estilística que vai dende os clásicos impresionistas, o jazz moderno ou a tradición sudamericana ate melodías propias do Pop psicodélico, sendo o Post Rock, o Grunge e o Rock Progresivo a columna vertebral do cuarteto.

As cancións xorden da posta en común do imaxinario musical dos dous artistas galegos, permeables a influencias tan dispares coma Nick Drake, Deftones, Tame Impala, Brad Mehldau, Sigur Rós, Reinier Bass, Erik Satie, Claude Debussy, Incubus, Hendrix ...

Entrada: 6€ con consumición mínima

Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto