Events Calendar help
Vudú
Thursday, 14 February 2019, 22:00
Hits : 26

Presentación do novo disco de Vudú "Vudú Vol III"
Xoves 14 de Febreiro
22h00
Club Clavicémbalo (Lugo9
Entradas xa á venda: 6€ + gx anticipada / 8€ taquilla → http://bit.ly/Vudu_Clavicembalo

Xira "Eu son Vudú 2019"
(Soulk galego)
_ _
VUDÚ VOL. III’ O DISCO
Vudú Vol. III’ supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa. Con este traballo, Belém Tajes e Maritxinha preséntannos o seu primeiro disco longo editado, cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles ritmos de jazz e soul.

Partindo de letras tradicionais, Vudú atrévese nesta ocasión tamén con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como ‘Xa me dixo’, a versionar cancións populares como en ‘Unha noite na eira do trigo’ e ‘Eu chorar chorei’ e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é ‘Lingua’, que xira arredor das linguas minorizadas.

Vudú Vol. III foi gravado en Drum&Roll (A Coruña) e El Observatorio Musical (Madrid). Conta con Nicolás Viéites na produción musical e con colaboradores e colaboradoras moi especiais como Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López) nas percusións ou Nata Álvarez (Swingdigentes) ao saxofón.

Location : Club Clavicémbalo- Lugo

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto