Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
XXI Felicia Pop Festival
From Thursday, 01 August 2019
To Sunday, 04 August 2019
Hits : 432

FELICIA POP FESTIVAL 2019 en A Hortiña- LIMODRE (FENE) A CORUÑA. O próximo 1 de agosto ás 22.00 horas o bar Casa Ardá de Limodre (Fene-A Coruña) acolle a presentación oficial dun dos festivais de música independente máis veteranos,o Felicia Pop Festival . Nesa data actuarán de balde o cuarteto Feed the Pet, e o duo Mentah, ámbolos dous de Ferrol. Será a previa dunha cita que se celebrará os días 2 e 3 de agosto na Hortiña na parroquia fenesa. Un evento que como segundo ano consecutivo será de balde. O venres 2 a actividade comezará a partir das 22.30 horas, será a oportuniddae de ver o Punk-Rock do 77 dos eumeses “Bule”, seguido do Rock and Roll máis desenfrenado e tolo dos vigueses “Los Wavy Gravies”, a continuación tocaralle o turno a unha das bandas nacionais máis importante dos finais dos oitenta principios noventa, os cataláns “BB sin Sed”, e para rematar a xornada, nada máis e nada menos que unha banda Italiana “The Peawees” grupo que está arrasando por media europa, co seu r’n’roll con tintes punk. O sábado 3 haberá unha sesión vermú da man de “Muebles Mendoza” grupo detrás do cal se esconden os membros de Familia Caamagno, diversión garantizada. Xa pola noite, a partir de novo das 22.30 comezarán un power trio coruñes “Los Canallas”, seguido dunha banda toledana “Las Aspiradoras” descargando seu son garaxeiro a base de fuzz e farfisa. A gran atracción do sábado correrá a cargo dos veteranos “Los Iberos” grupo icónico dos sesenta, con temas inolvidables como “corto y ancho”, “las tres de la noche”...., Pechará a velada o ye-yé festivo dos barceloneses Retrovisores, fillos espirituais de Rafael Trabucchelli e o son Torrelaguna. Tanto o sábado como o venres, tralos concertos un fato de reputados picadiscos animará a sesión afterhours no mesma “Hortiña”. Como en ocasións anteriores, estará habilitado un camping gratuito no campo de fútbol do Limodre a 30 metros do festival, e tamén unha zona reservada para furgos na pista polideportiva. Todo rematará o domingo en Casa Ardá coa actuación de “The Bo Derek’s”. Organiza a asociación cultural Felicia e colaboran o Concello de Fene, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Location : Limodre (Fene)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto