Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Zoelas
Saturday, 07 December 2019, 22:00
Hits : 65

O sábado 7 de decembro ás 22:00 horas e cunha entrada de 5€, concerto de Zoelas no Var con Uve, presentando "Evelaités" dentro da RGMV. Reserva de entradas no 986 31 09 91

Dende Antas de Ulla e como mulleres do rural modernas, vivas, emprendedoras, creativas e soñadoras que son, afoutas netas, fillas e nais de esas mulleres que labraron e labrarán os regos dun mundo cheo de contradiccións, ZOELAS ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de ritmos e estilos converxen na música de raíz universal con base na nosa propia música tradicional.

MATRIARCADO. O canto como berro. Música tradicional fusionada con outros estilos. Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.

No rural tamén hai ruído, xuventude e rabia. Escriben letras para esquecer ordes. Fan música antes de ter instrumentos. No rural as mulleres estan vivas. Cos cabelos revoltos. Co carro diante dos bois.

ZOELAS SON:

Beatriz García (Voz)
María Bouzas (Voz)
Pilar Naveira (Voz)
Érica García (Voz)
Patricia Coucheiro (Voz)
Michel Rivadulla (Guitarra)
Bruno Villamor (Requinta, Zanfona e Gaita)
Miguel Varela “Miki” (Percusións)


Location : Var con Uve - San Martiño (Moaña)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto