|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
See by year | See by month | See by week | See Today | Search | Jump to month | |
|
Garabelo |
|
|
Sunday, 05 July 2020, 13:00
| Hits : 67 |
|
O trío Garabelo ofrecerá un concerto este domingo na Pobra do Brollón.Comezará ás 13:00 no Bar
Pirata.
O evento é parte do ciclo de concertos ‘Con-certa Normalidade’, unha proposta do Concello da Pobra do
Brollón para apoiar a hostalería e os artistas locais.
Garabelo son Brais Olmo no clarinete, Borja López na guitarra e Pablo Camarero no violino. Tocarán
composicións propias baseadas en melodías tradicionais.
O concerto é de balde, previa reserva no teléfono 982 430 455. Idealmente as reservas deberán facerse
por grupos para facilitar a organización das mesas de modo que se poida manter as distancias de
seguridade.
O concerto de Garabelo é o penúltimo do ciclo, que rematará o domingo 18 de xullo con Xerezade.

Garabelo
A palabra Garabelo ven do barallete, xerga de canteiros, paragueiros e músicos da Ribeira Sacra, e
significa “fermoso”. O nome é unha declaración de intencións. Os nosos temas buscan crear atmósferas
amables nas que quen escoita se sinta cómodx.
Garabelo é un grupo que nace da inquedanza de tres músicos de Saltanocribo que deciden tomar un
camiño diferente explorando as sonoridades dos seus instrumentos dun xeito diferente, buscando a
beleza das diferentes combinacións tímbricas e expresivas deles.
O grupo debuta en público no teatro do Entroido de Salcedo de 2014, tocando no principio e no fin do
mesmo, con grande éxito.
O seu repertorio está formado por composicións baseadas en melodías tradicionais arranxados sen
complexos coa única premisa de se divertir e desfrutar de facer música buscando constantemente
fórmulas expresivas agradables e mesmo sorprendentes.
Na actualidade, e despois de diferentes cambios nos seus membros, integran Garabelo Brais Olmo
(clarinete desde xaneiro de 2019), Borja López (guitarra acústica) e Pablo Camarero (violino). |
Location : Bar Pirata - A Pobra de Brollón |
Back
|