|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
See by year | See by month | See by week | See Today | Search | Jump to month | |
|
MJ Pérez |
|
|
Thursday, 16 July 2020, 20:00
| Hits : 46 |
|

MJ Pérez retoma en LUGO a xira de presentación do seu novo disco "A Luz Prendida".
Logo de ter que aplazar esta cita por mor da emerxencia sanitaria, chegou o momento de retomar a actividade musical e esta será a primeira parada da cantautora arzuá.
Será un concerto especial, no que MJ presenta o seu novo disco acompañada de toda a súa banda ao completo formada por: Laura Romero (baixo), Ailén Kendelman (percusión), Richi Casás (saxo), Maria Prado (trompeta), Paula López (trombón) e Iván Bernardez (guitarra).
O concerto será no exterior da CASA DO SABER, ás 20h, o xoves 16 de xullo. O público sentado no atrio da catedral e a banda actuando dende a terraza da Casa do Saber.
Situacións extraordinarias requiren medidas extraordinarias, é por iso que a mecánica do concerto será a seguinte:
As entradas estarán dispoñibles a partir do mércores na Oficina de Cultura da USC de 10:00h a 14:00h. Podese solicitar ata 2 entradas por persoa, presentando DNIs das persoas que asistirán.
*En caso de CHOIVA: O concerto será no interior da Casa do Saber, en dous pases de media hora entre as 19:30h e as 21:00h
Para máis información contactar con Lugo Cultural |
Location : Casa do Saber - Lugo |
Back
|