Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Culturgal 2020
From Saturday, 28 November 2020
To Sunday, 29 November 2020
Hits : 79


En caso de emerxencia, cultura.
Libros, música, escena, arte contemporánea, cinema, espectáculos infantís, obradoiros, ciencia, profesional.
Desde Pontevedra, tres canles para retransmitir o que acontece no escenario(Escena, Foro, Libro) os días 28 e 29 de novembro e, tamén fóra del, e un equipo de realización que suma vinte persoas ao staff da Culturgal.
Chegar ás casas durante a última fin de semana de novembro é a meta que se propón o evento nesta edición da pandemia. Agás a sala de cinema, toda a programación será accesible desde a casa en cultur.gal. De calquera xeito, se queres participar presencialmente nalgunha das actividades e tendo en conta os aforos permitidos, podes retirar o teu convite en cultur.gal até completar capacidade.
Séguenos nas redes para coñecer as novidades, a programación, a venda de entradas e os protocolos da Feira.
Culturgal está promovida por cinco asociacións do sector: Asociación Galega de Editoras, Agapi, Escena Galega e Eganet. A Feira conta co apoio e complicidade da Xunta de Galicia, do concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e do Ministerio de Cultura e Deporte.

Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral.
“En caso de emerxencia, cultura". Máis que nunca. Agardámoste


Podes reservar o teu convite en bit.ly/ConvitesCinema , ou vernos por streaming na canle do culturgal.com/
DOMINGO 29 NOVEMBRO #Culturgal 2020
PROGRAMACIÓN ESPAZO ESCENA (Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra)
Entradas presenciais en cultur.gal e retransmisión en cultur.gal
12:00. Sonárbore para toda a familia: “Ramona Órbita. A dona do tempo” con Pakolas e “Lingua Guapa. Cantos que contan” de Fina Casalderrey
16:00. ACentral Folque presenta....
Abellón. Xoán Xil e Mauro Sanín cunha actuación performática con zoadeiras e bramadeiras.
O feitizo de Maruja Roca. Con Eutropio Rodríguez comentando imaxes e Nieves Neira que fará unha performance literaria.
Bem vennas maio. Cos músicos Pablo Sanmamed (contrabaixo), Iago Mourinho (piano) e Chus Pazos (bateria) e a colaboración de Alba Cid.
Fuliada na vila con Richi Casás, saxo e voz, e Fran Gª Galán, guitarra eléctrica.
18:00. Escalas singulares: Yago Vázquez Trío e DE BOTÓNS
Yago Vázquez Trío. O jazz chega ao escenario musical de Culturgal da man de Yago Vazquez, piano, Xurxo Estevez, baixo, e Chus Pazos, batería.
De Botóns. Mialma Producións. Pedro Pascual e Carlos Quintá o.
20:00. Os d’Abaixo. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xunta de Galicia


:




Location : Páxina web cultur.gal

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto