Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Festas de Santa Marta
From Friday, 30 July 2021
To Sunday, 01 August 2021
Hits : 110

O venres 30 de xullo celebrarase Santa Marta Pequena, unha xornada na que as protagonistas serán as pequenas da casa. Ademais da animación de rúa a cargo de Discocleta desde as 17.30h, actuarán Festivaliño (entre as 17 e as 19.30h), Pakolas co seu show “Cores, contos e rock&roll con Ramona Órbita” ás 19.00h, e Mamá Cabra & Bellón Maceiras pechando a xornada a partir das 20.30h co espectáculo “A música das Buguinas”.

O sábado será o día do teatro e da música. Ás 18.30h representarase a obra teatral “Ghop!”, de Teatro ó Cubo, e ao remate comezarán a soar os primeiros acordes. As bandas locais Termita (19.30h) e Virginia Red (20.45h) precederán o concerto de A Banda da Loba, que terá lugar ás 22.00h.

A tarde do domingo estará protagonizada pola poesía e a música no marco da Troula da Verba, un evento que combinará actuacións en vivo de artistas como Hilda Rock e Diego Rodríguez, cos recitais de Paula Antía Rey, Tania Yáñez, Marcos Filgueiras, Uxía Sánchez e Lúa Vila, ademais da presentación das revistas MazarelosDomingo das Mozas, e dos libros Namoradeiras entre a pel (Tania Yáñez) e Santo Amaro (Antonio M. Fraga).


Location : Cabanas

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto