Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Brais das Hortas
Sunday, 28 November 2021, 18:00
Hits : 36

Domingo 28 de novembro.
18:00. Consertasso na Horta.
Charlatana Cooperativa de Artistas.
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito : Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo : o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.


Location : Pazo da Cultura - Pontevedra

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto