Events Calendar help
Mounqup
Saturday, 06 January 2018, 22:00
Hits : 179

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comenzou a xogar con loops e samplers ata se converter na artista que é hoxe. As súas composicións son un collage de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Agora presenta o seu primeiro traballo de estudio, Proba de Son (2017), da man do selo ourensán MOLHO. Componse de dez cortes que definen esta primeira etapa da artista. Un encontro de melodías suxerentes que nacen da terra para encontrarse coa modernidade. Temas que falan das problemáticas sociais que nos asexan e das visións que manan das entrañas dunha persoa mergullada nas costumes naturais por decisión propia. Un ensaio vital a través da música.

Sábado 6 de xaneiro ás 22:00 h. 

Location : La Lata de Bombillas - Zaragoza (España)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto