Events Calendar help
MJ Pérez - APRAZADO
Thursday, 01 March 2018, 19:30
Hits : 254

Lamentamos informar que por motivos de saúde, o concerto previsto para hoxe en Carballo debe ser aprazado. Pronto anunciaremos a nova data. Grazas pola comprensión e desculpade as molestias.

MJ Pérez chega a Carballo para presentar o seu último disco "Casandra" no Auditorio da Biblioteca Rego da Balsa acompañada de toda a banda.

"Casandra" é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ.

Sen dúbida, un concerto para non perder e compartir todo o que MJ nos ten preparado!

Será o xoves 1 de Marzo, ás 19:30h, no Auditorio da Biblioteca Rego da Balsa (Entrada de Balde).

E para ir abrindo boca... https://youtu.be/qiBD9TvdX9w

Location : Biblioteca Rego da Balsa - Carballo

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto