Events Calendar help
Son Formas + Cecina de León
Thursday, 01 March 2018, 21:00
Hits : 65

O grupo leonés de folk Cecina de León e o artista barbanzán Tucho Abalo xúntanse para presentarnos o seu proxecto conxunto "Cecinadeleon Sonformas", onde mestúrase a música dos Cecina coa escultura de Tucho.
Tucho Abalo é un artista multidisciplinar e sobre todo un escultor pronatura. Tucho leva xa tempo desenrolando un proxecto denominado "SON FORMAS", onde colaboran diferentes artistas. Así Cecina e Tucho suman as súas forzas creativas para poñer en marcha "CECINA DE LEÓN SON FORMAS ". Este proxecto é un nexo de unión que dá lugar a novas formas de materializar o son e o volume.É unha posta en escea partindo dun modelado de libre creación en directo xunto a unha determinada atmósfera levada a cabo con distintos elementos, como luces, sombras e música.
Unha mostra escénica cargada de improvisación e enerxía alimentada pola música a partir da que nacen unha serie de esculturas modeladas en arxila e inspiradas en cada artista, de xeito que se xenere unha ligazón entre o volume e o son. Para pechar o ciclo da creación, as esculturas realizaranse en materiais como vidrorresina e lixarte que veñen da transformación do lixo recollido na natureza. Improvisación e directo. Luces e sombras. Vaca fraca!!

Location : A Cova Céltica - A Coruña

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto