Events Calendar help
Comando Radar + Tom Chant
Saturday, 03 March 2018, 20:30
Hits : 94

Inauguramos o mes cunha colisión de altura, un encontro marabilloso; o saxofonista británico Tom Chant vai atoparse co combo galego de improvisación Comando Radar para facernos alucinar nunha sesión ben especial.

Tom Chant é un saxofonista improvisador londinense afincado desde hai poucos anos en Barcelona. Interesado en explorar a inestabilidade do son a través do tubo de metal. Emprega procesos de feedback acústico, creando unha ampla gama de multifónicos e sons usando o saxo soprano asi como unha ampla gama de tons moi delicados no tenor.
Cando improvisa, explora as moitas e estrañas relacións dinámicas entre os músicos, creando pasaxes que van desde a máis delicada contemplación aos máis abruptos e ruidosos sons.
Tom Chant tocou cunha chea músicos de todo o mundo . Notables son os seus traballos en trio xunto a Eddie Prevost e John Edwards con quen gravou 4 discos. Coa Orquestra de Improvisación de Londres ( L.I.O) gravou 5 cds, a duo co guitarrista libanés Sharif Sehnaoui con quen publicou o cd " Cloister". Tamén traballou con Ben Drew exercendo a súa faceta de músico electrónico traballando con feedback desde o seu computador, con Pablo Rega, guitarrista e músico electrónico e moitos outros incluíndo a Otomo Yoshihide, Steve Noble, Toshimaru Nakamura, Rhodri Davies, Matt Davis, Steve Beresford ou Telectu. É membro de Cinematic Orchestra desde 1997 e ten participado en numerosos festivais polo mundo adiante.
Con The Cinematic Orchestra gravou os albumes " Motion,"
" Remixes," " Everyday," " Man with a Movie Camera" and " Ma Fleur" para o selo Ninja Tune. No estado toca en diversas formacións como " Z1C0" con Pablo Rega e L.A. R. Legido, " BRUITAGE" con Javier Carmona e Pablo Rega e tamén coa banda de improvisadores de BCN.
http://tomchant.com/


Comando Radar, xorde como banda residente unha vez ao mes en sala Radar de Vigo, no marco das sesións HALO organizadas polo colectivo de improvisadores de Vigo.
Comezan traballando con condución mediante xestos onde o seu director Pablo Rega ten unha longa experiencia en formacións como O. M.E. GA (Orquestra de Música Expontanea de Galicia) ou B.I. B (Banda de Improvisadores de BCN).
Con influencias que van desde o free jazz ao punk, a formación é capaz de pasar dos momentos mais abruptos e inquietantes aos mais tranquilos e evocadores.
Cun directo contundente que non deixa a ninguén indiferente.
Formación:
Pablo Rega - guitarra e dirección.
Pablo Sax - saxo soprano e tenor.
Luís Erades - saxo alto e soprano.
David Lojo - trompeta e friscornio
Xavi Cró - teclados
Saúl Puga - contrabaixo
Carlos Castro - batería
https://www.youtube.com/watch?v=E8cJmPclrFU
https://www.youtube.com/watch?v=C-_f3Wv-GNc&t=64s




Location : Liceo Mutante - Pontevedra

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto