Events Calendar help
Mamá Cabra
Sunday, 04 March 2018, 12:00
Hits : 94

Felices de presentar Mamá Cabra, 'Eu cociño, ti cociñas?' o vindeiro 4 de marzo no Teatro Jofre Ferrol. Só tedes que vir con ganas de festa Ademais, a entrada é libre A partir do 27 de febreiro podedes retirar as vosas entradas na billeteira do Jofre. Máximo 2 por persoa. Bulide

É un proxecto que nace en colaboración cos centros educativos a través dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e tamén, como non, para divertirse moito a través das cancións. As músicas están feitas por Mamá Cabra e as letras, moitas delas, por María Canosa, escritora de literatura infantil e xuvenil nada en Cee e coñecida polas cativas e cativos. Reparto de entradas na taquilla do Teatro Jofre a partir do martes 27 de febreiro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

Location : Teatro Jofre - Ferrol

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto