Events Calendar help
A Compañía do Ruído
Saturday, 10 March 2018, 23:30
Hits : 148

.A Compañía do Ruído' é unha banda galega que nace no ano 2002.
“A Compañía” está integrada por cinco persoas, con diferentes traxectorias musicais, que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, e divertimento son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar o ritmo, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber, e a colaboración en diferentes discos, como “120 capadores”, en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto, “A per loca” , “Leña verde”, “Vozes Novas”, da Escolma do panorama musical galego editado no 2009, “Escolma”, editado pola empresa Caramuxo, “Tributo a Zënzar”, ou no cd editado polo concurso Nordés.

Location : O Buril - Sarria

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto