Events Calendar help
Os Diplomáticos de Monte Alto
Saturday, 17 March 2018, 20:00
Hits : 96

O sábado 17 de marzo, ás 20 hrs, e dentro da programación cultural que vimos desenvolvendo desde o auditorio da Casa-Museo Manuel María, celebraremos cos Diplomáticos de Monte-Alto un concerto especial denominado Poesía para cantar.
O outro lado da música, a poesía, escribiu Luísa Villalta. Seguindo tal mandato Os Diplomáticos de Monte-Alto achegarán melodía algúns dos seus poetas máis queridos, Teresa Ramiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rivas e, por suposto, do propio Manuel María. Da súa palabra beberon a eito Os Diplomáticos. Alén de mestre da literatura, Manuel María foi ilustre veciño de Monte Alto. Agora volve convocalos -na súa casa natal- como anfitrión desta sesión inédita de música e de poesía.
Se queredes achegarvos á Casa-Museo para cantar versos cos Diplomáticos de Monte-Alto, debedes reservar a entrada (billete 5 euros) canto antes (quer escribindo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , quer chamando ao 698177621) pois prevemos que pronto se esgotarán as entradas.
A sesión culminará cunha dose condensada dos clásicos todos deste conxunto bravú.

Location : Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto