Events Calendar help
Enxebre Swing Festival
From Thursday, 17 May 2018
To Sunday, 20 May 2018
Hits : 44

O Enxebre Swing Festival non é un festival de música típico, porque o baile swing ten moita importancia. O festival consiste en clases de baile (lindy hop e outros asociados como African Roots, St Louis Shag, Blues, Charleston ou Vintage Jazz) que se imparten polo día, e pola noite hai 4 festas, 2 delas coa banda Berzosax Ensemble.

Ten tamén algunhas actividades paralelas, como unha ruta guiada por Cabo Home, ou a actividade estrela do festival, que é un Pasarrúas por Bueu coa banda do festival: Berzosax Ensemble.

Como é un festival bastante atípico, e tamén reducido en canto ao número de asistentes para poder xestionar ben o número de persoas por clase e o número de persoas na festa, algunhas das opcións que ofrece o festival están agotadas, pero para outras aínda se poden coller prazas ou ben son actividades abertas e gratuítas.

As opcións que temos son:

Pase Cabra: 9 horas de clases de baile + acceso a todas as actividades do festival (para xente que xa sabe algo de baile swing). Aínda quedan algunhas prazas. 165€

Pase Cheirón: 6 horas de clases de baile + acceso a todas as actividades do festival (para quen nunca bailou swing e quere ter o primeiro contacto). Esta é a opción que máis necesitamos promocionar porque aínda non temos muitas inscricións. 55€

Pase Esmorga: acceso a todas as festas do festival, non inclue clases de baile. Prazas agotadas.

Entradas ás festas do venres (18) e sábado (19), cada entrada ten un custo de 15€, e quedan moi pouquiñas que só se poden mercar na porta de acceso da festa. Non se poden reservar.

Actividades gratuítas:

Festa letras galegas: xoves 17 ás 22.00h no Aturuxo

Pasarrúas: sábado de 20.00h a 22.00h con paradas en La Perfecta, O Farol, Leña Verde e Aturuxo.

Festa de clausura: domingo 20 ás 22.00h no Aturuxo.

Location : Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto