Events Calendar help
XIX Memorial Ricardo Portela
From Friday, 13 July 2018
To Saturday, 14 July 2018
Hits : 85

O venres 13 e o sábado 14 de Xullo de 2018 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, naceu hai 19 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.

Durante os dous días nos que transcorre o Memorial, ademais da Mostra de artesanía de instrumentos tradicionais e das actuacións de escenario, as rúas de Pontevedra encheranse de música tradicional con 5 pasarrúas na tarde do venres e outros 5 durante toda a xornada do sábado, de xeito que cada persoa que pasee pola cidade poida gozar coa nosa música, e ademais ao xeito do Gaiteiro de Viascón, en toque pechado.

Queremos agradecer ao Concello de Pontevedra o seu compromiso coa nosa cultura, que fai posible coa súa colaboración e apoio que cada ano se poida seguir celebrando este Memorial.
Este ano o Memorial Ricardo Portela renderá homenaxe a María Grande Sobral, coñecida popularmente como Maruxa d´As Cortellas. Falar de Maruxa d’As Cortellas é falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do país. Maruxa foi a única muller da súa xeración que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea. De non ser por ela, esta tradición non tería chegado ata nós.

Para rematar as xornadas, contaremos coas actuacións no escenario da Ferraría de Donicelas o venres ás 21.00 horas e TNT o sábado ás 21.15 horas.

Na Mostra de artesáns poderás coñecer a gran calidade do traballo de algúns dos mais recoñecidos constructores de intrumentos tradionais do noso país:

Xaneco Tubío, Oli Xiraldez, José Presedo, Alberto Pires, Queima, O Chilro, Foliqueiras, Afonso Castro, Diego Langarika, Lorena Reinaldo, o Che e Xosé Tunhas.

Programa completo:

Venres 13 de xullo (Praza da Ferraría)

De 17.00h. a 21.30h. - XVI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Gaiteiros da Rias Baixas, Polavila, Os Revoltas, Os Asubios e Os Boucisca

21.00h. - Concerto: Donicelas

Sábado 14 de xullo (Praza da Ferraría)

De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. - XVI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

Pasarrúas:

Maña de 11.30h. a 13.30h.: A. C. Picuiña, Os Mecos de Ogrobe, Os Picurruchos, O gaiteiro de Poio e Lubicáns

Tarde de 18.00h. a 20.30h.: A. C. Picuiña, Os Mecos de Ogrobe, Os Picurruchos, O gaiteiro de Poio e Lubicáns

Escenario:

21.00h. - Homenaxe a María Grande Sobral “Maruxa d´As Cortellas”.

21.15h. - Concerto: TNT

Location : Praza da Ferraría - Pontevedra

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto