Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Events Calendar help
Esmorga de Melide
From Saturday, 27 April 2019
To Sunday, 28 April 2019
Hits : 67

COMUNICADO PPE VAAMONDE GRUPO:

PEPE VAAMONDE GRUPO desminte a noticia publicada na Voz de Galicia onde se cita a nosa participación na Esmorga de Melide o sábado 27 de abril.
Informamos que fai 3 semanas que notificamos a nosa renuncia a participar no evento mencionado.
Un saúdo.

COMUNICADO SACHA NA HORTA:

Opaí, xente!
Dende Sacha na Horta queremos aclarar que este sábado 27 de abril NON estaremos na Esmorga de Melide. Se aparecemos no cartaz da festa é porque nun primeiro momento aceptamos o convite para levar a nosa música e o noso traballo a un recuncho máis do país. Mais foi logo de aceptar que fumos conscentes do conflicto e das dimensións que este tomou e hai semanas que decidimos non participar finalmente e así llo comunicamos ás organizadoras.
Non sabemos que pasará esta fin de semana en Melide, nin o ano que ven, nin en tantos outros lugares onde están precisando música en galego e feminista. O que desexamos é que se dea unha colaboración entre o asociacionismo de base e a administración pública para xerar espazos nos que estean presentes as nosas músicas e a nosa cultura.
Apertas sachadoras!

COMUNICADO BLUES DO APÍS:

Beibes, temos que anunciarvos que non estaremos este sábado 27 na Esmorga de Melide. Deicímolo fai semanas pero aclarámolo agora ao ver que non se modificou o cartaz.
A nós gústanos a esmorga coma a que máis, ocasión perfecta para repartir mimos e amor en forma da nosa música, coa nosa lingua e o noso xeito de facer. E non somos de pechar portas, senón de deixalas ben abertas. Pero tamén nos gusta coidar da xente que traballa arreo por manter a nosa festa e a nosa cultura no mellor dos estados de saúde.
Sentimos o lío e agardamos poder voltar e gozar coa xente de Melide ben prontiño.
Mimos e amor, beibes!

Location : Melide

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto