Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Events Calendar help
Víctor Prieto & Abe Rábade
Sunday, 28 April 2019, 21:00
Hits : 34

O Salón Rexio da Sede acolle este domingo ás 21:00 unha nova cita do Ciclo 1906 de música jazz. Nesta ocasión, o pianista compostelán Abe Rábade e o acordeonista Víctor Prieto serán os protagonistas do concerto.

Galicia viulles nacer, e o jazz reuniulles. Abe Rábade e Víctor Prieto fixeron a súa carreira, cada un polo seu lado. Abe, cando foi a Nova York para empaparse do asunto e obter a licenciatura cum laude en composición e piano en Berklee. Máis tarde regresou a Santiago para seguir viaxando. E é que Abe vai por libre. É un tiramillas, a que dubidalo, e un artista polifacético. O compostelán ten o seu trío, con Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso, e o seu posto de director musical da “ Eivissa Jazz Experience”, con sede na devandita illa, ademais de 13 discos de longo alcance que testemuñan a súa versatilidade como intérprete e compositor.

Xunto a el, Víctor Prieto, gañador dun Grammy, profesor de acordeón de jazz no conservatorio de Brooklyn, en Nova York, emancipador do instrumento dentro do xénero. No seu currículo, pasadas colaboracións con Yo-Yo Ma, Arturo O´Farrill, Paquido d´Rivera e Maria Schneider, a directora de orquestra, entre outro/ as. Ninguén, na historia do jazz, chegou tan lonxe tocando un acordeón. O seu nivel de sofisticación co instrumento, a súa creatividade, carece de parangón. No repertorio que ambos interpretan mestúranse as composicións orixinais con versións do folclore galego e adaptacións de Jobim, Piazzolla e Egberto Gismonti.

A idea: derrubar as barreiras existentes entre o culto e o popular. “Que andemos aínda distinguindo entre unhas músicas superiores e outras inferiores é un atraso”, opina o pianista. “Beethoven e Stravinski son fantásticos, e Jimi Hendrix, Batallán, Jobim ou Miles Davis, tamén”.

Location : Salón Rexio Sede RC Celta - Vigo

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto