Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Events Calendar help
Os Resentidos
Friday, 21 June 2019, 21:00
Hits : 48

Concerto de Os Resentidos na Cidade da Cultura de Galicia‼️

Anotade na vosa axenda o venres 21 de xuño para vir festexar ao Gaiás o Día da Música con esta mítica banda galega. A actuación será ás 21 horas ao aire libre na Praza Central, con entrada de balde.

Vinde cantar en coro todos os seus hits, como Fai un sol de carallo ou Economía sumerxida, convertidos en himnos e arengas de máis dunha xeración, cunhas letras irreverentes que continúan a estar de vixente actualidade, ateigadas de retranca e sobre todo, moita crítica social.

Ademais, con Os Resentidos bailar [con ou sen coches de choque] é sempre irrenunciable. Ides querer estar!

MÁIS DE 30 ANOS DE CARREIRA MUSICAL

Os Resentidos teñen no seu haber un currículo de máis 30 anos de carreira musical que lles deron para publicar sete LPs, un EP compartido con Siniestro Total, un recompilatorio e conseguir o fito de situar como gran hit en España un tema en galego, Fai un sol de carallo, nunha época (1986) en que eran moi poucos grupos en Galicia que cantaban no noso idioma.

Por este motivo, esta formación —enxerida na coñecida como a ‘movida viguesa’— converteuse nun referente para as novas xeracións de músicos do país e un dos grupos máis célebres fóra de Galicia, ata  o punto de que Fai un sol de carallo foi un dos dous únicos discos en galego —xunto a Me llamo Andrés do Barro Lapique, de Andrés do Barro— incluídos no libro 201 discos para engancharse al pop/rock español, de Tito Lesende e Fernando Neira.

Críticos, inconformistas, irreverentes, indignados.... Así o recollen unhas letras radicais e comprometidas coa realidade do seu tempo, nas que se falaba da reconversión naval, do paro ou da crise dos sectores produtivos primarios de Galicia e que, moitas delas, manteñen a súa vixencia na actualidade. Así, temas como Somos 29 na casa e estamos todos no paro de Economía sumerxidaten máis de vinte anos, pero parece inspirada en titulares de xornais ou novas dos informativos.

Os Resentidos envolven toda esta indignación nunha peculiar fusión de rock, funk depresivo, rap, pop e folk cunha retranca intelixente, na que sempre hai convite para a festa. Precisamente, nos últimos oitenta a súa popularidade era tan grande e tan heteroxénea que alternaban as actuacións como gran atracción nas festas patronais das vilas galegas con presentacións nos máis selectos platós televisivos de Madrid. Hoxe en día moitos dos seus temas forman parte da listaxe de imprescindibles nas orquestras e nas verbenas actuais.

Todos estes temas, xunto a unha selección de novas composicións, vanse poder cantar e bailar o venres 21 de xuño, ao aire libre, na Praza Central do Gaiás, con entrada de balde. A banda subirase ao escenario ás 21 horas, capitaneada polo seu histórico líder, Antón Reixa.

Location : Praza Central da Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto