Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Events Calendar help
Tanxugueiras
Friday, 29 November 2019, 21:30
Hits : 87

SALA REBULLÓN
TANXUGUEIRAS: presentación NOVO DISCO “CONTRAPUNTO”
VENRES 29 | ÁS 21:30 | ENTRADAS ANTICIPADAS EN: https://www.enterticket.es/eventos/tanxugueiras-presentacin-contrapunto-en-mos-729707
a venda tamén na Cantina das Pedriñas (sen G.X.)
VENDA EN TAQUILLA: 14€
A forza de Tanxugueiras vólvese plasmar nun disco. O trío que conforman Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro explora novas posibilidades para a música tradicional galega nos dez temas que conforman o seu segundo álbum, Contrapunto, que se publicará o vindeiro 22 de novembro e no que abordan cuestións actuais a través das letras de cancións tradicionais.
Nunha aposta por descentralizar os eventos culturais e estar presentes no territorio do que emana a tradición musical que inspira ao grupo, Tanxugueiras realizará este concerto de presentación do seu novo disco na Sala Rebullón o 29 de novembro.

Concerto presentación de 'Contrapunto', novo traballo de Tanxugueiras en Mos (Pontevedra). Venres 29 de novembro ás 21.30h (apertura de portas ás 20.30).

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Discografía
- Tanxugueiras (2018)
- Contrapunto (2019)

Recoñecementos
Mellor álbum galego do 2018 - Premios MIN de la Música Independiente
Música tradicional e folk - Premios Martín Códax da Música
Mellores músicas de Galiza 2018 por Que non mo neguen - Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

CONTRAPUNTO. NOVO DISCO

A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia.

Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

Toda a información en www.tanxugueiras.com


Location : Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto