Events Calendar help
Dequenvessendo + Os Estalotes
Friday, 29 November 2019, 21:00
Hits : 98

DEQUENVESSENDO
VENRES 29 | 21:00 | 3€

Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

ESTALOTADA
VENRES 29 | 23:30 | DE BALDE
Os Estalotes levamos 27 anos tocando na rúa de San Pedro de Compostela,. O grupo xurdiu de compoñentes do Coro de Cantigas e Agarimos e no cal participaron numerosos músicos de Santiago e do resto da Galiza.
As Estalotadas ábrense cos Estalotes, con cantigas e pezas tradicionais, e continúa con foliada aberta na que pode participar quen o desexe.

Location : Casa das Crechas - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto