Events Calendar help
Tenue + Sorry Mum
Saturday, 30 November 2019, 20:30
Hits : 149

O sábado 30 de novembro hai noite de screamo no Liceo. Teremos con nós a Tenue e Sorry Mum, dúas bandas da Galiza repartindo brea da boa!

Tenue son un trío de emocrust da Guarda. Nados en 2017, despois de lanzar a súa primeira demo (MMXVII, edición solidaria), publican o ano pasado o álbum Anábasis, do grego, expedición cara ó interior, título co cal, sinalan: ''aínda estamos comezando a percorrer os nosos desertos''. Con isto, non só fan referencia ao seu camiño persoal coma banda, senón tamén o labirinto no que atopámonos coma humanidade.
Unha banda cun marcado compoñente político anarquista e antifascista que trasluce nas súas cancións, que xorden de esta tensión violenta, de esta guerra perpetua na que vivimos, onde a maior violencia exercémola contra nós. Así pois, punk rural, punk gritón para comezar unha gran noite! Screamo galeguiño no teu fuciño!!

https://tenuepunx.bandcamp.com/

Ademáis contaremos coa banda de emo/screamo Sorry Mum, formada por membros de bandas míticas do país como Sem Resposta, Lluvia de Ciervos e Slurm. Os seus membros agasallánnos co seu novo debut no noso espazo. As súas influencias van dende Mom Jeans, Ictvs, pasando por Port ou War, sen esquecer tódolos grandes recopilatorios de Pepsi dos 90.

Guitarra, baixo, batería e 3 voces unidas en trance e preparadas para contribuir a unha enérxica noite. Non vos perdades a presentación de este trío da nosa vila.


O sábado 30 traerán toda a violencia e moito ruido ó Liceo Mutante, rúa Rosalía de Castro nº100 de Pontevedra. O donativo, íntegro para as bandas, é de prezo voluntario entre 5 e 10 euros. Coma sempre, haberá cena vegana e moita troula. Vinde!!

Location : Liceo Mutante - Pontevedra

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto