Events Calendar help
Tanxugueiras
Saturday, 14 December 2019, 21:00
Hits : 117

Concerto presentación de Contrapunto, novo traballo de Tanxugueiras en Burela (Lugo). Sábado 14 de decembro ás 21.00h (apertura de portas ás 20.30).

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Discografía
- Tanxugueiras (2018)
- Contrapunto (2019)

Recoñecementos
Mellor álbum galego do 2018 - Premios MIN de la Música Independiente
Música tradicional e folk - Premios Martín Códax da Música
Mellores músicas de Galiza 2018 por Que non mo neguen - Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

CONTRAPUNTO. NOVO DISCO

A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia.

Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

Toda a información en www.tanxugueiras.com

Location : Auditorio Municipal - Burela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto