Events Calendar help
Aló Django
Thursday, 19 December 2019, 21:00
Hits : 103

XOVES 19 AS 21:00
ALÓ DJANGO
Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.
Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.
Finalmente en Aló Django temos como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor. Se pensas que o o jazz é aburrido,é que aínda non escoitaches a Aló Django.

Entrada: 7,00 €

Location : Casa das Crechas - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto