Events Calendar help
Modulador de Ondas
Saturday, 21 December 2019, 12:00
Hits : 94

O Theremin apareceu no 1919 da man do científico e músico Leon Theremin. Cumpre 100 anos (1919-2019) e imos celebralo este decembro cunha actuación especialísima en Vigo co noso formato trío, -único no estado en canto a instrumentación- composto por Macarena Montesinos ao chelo, Uxo Pousa ao theremin e Paulo Pascual ao theremin e guitarras.
Tamén como aportación á invención e divulgación do único instrumento intanxible imos liberar todo o contido do noso LP "Planeta Theremin" na rede, posto que non foi subido a ningunha plataforma dixital e o único xeito de escoitar máis de dous temas cos que fixemos videoclips ata agora era mercando o vinilo ou o CD.
Temos previsto facer máis cousas nesta celebración do instrumento que nos apasiona, posto que non vemos que en España se faga nada e pensamos que é importante que a xente coñeza o que este instrumento é, que ten a súa técnica e posibilidades expresivas como os demáis e non é só un xoguete de ruidismos aleatorios "esnob".

O evento será en La Casa de Arriba (Vigo-Galicia) o sábado 21 dec de mañá!! e faremos dous pases, un as 12:00 e outro as 13:15. Prezo:5€

Location : La Casa de Arriba - Vigo

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto