Events Calendar help
Leilía
Saturday, 28 December 2019, 20:30
Hits : 79

Leilia emprende esta nova aventura cos pés postos no seu novo traballo discográfico e á vez botando a mirada ás súas orixes e ao percorrido que levan feito xuntas, desde xa hai 30 anos. Florece este espectáculo 'CantarElas' aunando temas emblemáticos, que as acompañaron e emocionaron nos directos, con temas pouco coñecidos e aos que revisten co toque actual de Leilía. Con eles queren celebrar o seu aniversario, pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.

Convídannos a viaxar da súa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos... e a percorrer con elas a súa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao público, público ao que se debens e ao que queren agasallar con esta viaxe musical!!


Información da billeteira:
Retirada de invitacións desde o martes 17 de decembro no despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Teléfono: 981 542 349

Location : Teatro Principal - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto