Events Calendar help
Xacobe Martínez Antelo Trío
Tuesday, 04 February 2020, 21:30
Hits : 54

Xacobe Martínez Antelo Trío: Martes 4 de febreiro ás 21:30 h.

Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010) Xacobe Martínez Antelo, a través do seu renovado trío, saca o seu cuarto traballo discográfico como líder. En “CAPTURAS” (2019), o trío composto por Xosé Miguélez, Max Gómez e o propio Xacobe, presenta un traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música polos catro costados. Oito composicións orixinais inspiradas en feitos cotiás e realidades que nos agreden, que nos acompañan, ou que forman parte do noso contexto vital.

www.xacobemartinezantelo.com

Entrada: 5€ (4€ con carnet universitario, estudante, desempregado, pensionista)

Location : La Casa de Arriba - Vigo

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto