Events Calendar help
Ross Ainslie & Tim Edey
Saturday, 15 February 2020, 20:00
Hits : 52

Ross Ainslie & Tim Edey abren este sábado 15 a programación do Festival do Mundo Celta 2020, co primeiro concerto do ciclo “Festival no teatro”.

 

Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. O concerto terá lugar este sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia de Ortigueira.

Ross Ainslie (gaitas, wishtle, cittern) é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Ademais, é un aclamado solista e prolífico colaborador cunha laonga lista de premios e nominacións de alto perfil xa desde 2005, incluídos os de Compositor do ano e Instrumentalista do ano dos Premios da música tradicional escocesa (2015) máis o de Álbum do año (2016).

Tim Edey (guitarra, melodeón) é brillante, en todos os sentidos. Como guitarrista ten poucos compañeiros. Como acordeonista, é un mago. Como personaxe está fora de escala (Colin Irwin, fRoots).

As entradas pódense adquirir online por anticipado no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou presencialmente ata o venres 14 de febreiro nas oficinas de Cultura do Concello, de 11 a 13 h, e o mesmo día do concerto desde as 19 h. O prezo é de 4,50 euros.

 

#OitoNacionsUnhaCultura ● #OchoNacionesUnaCultura ● #EightNationsOneCulture

--

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA ● 16-19 xullo 2020 ● Festa de Interese Turístico Internacional

Location : Teatro - Viveiro

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto