Events Calendar help
Tanxugueiras
Sunday, 23 February 2020, 18:30
Hits : 42

Tanxugueiras presenta esta fin de semana nas Pontes de García Rodríguez os temas do seu novo disco, Contrapunto, un álbum no que o trío de pandereteiras conformado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro explora os lindes da música tradicional.

A cita terá lugar o domingo 23 de febreiro, ás 18.30 horas, no Auditorio Cine Alovi.

A actuación, que forma parte da rede cultural da Deputación da Coruña, enmárcase na celebración da 40ª Feira do Grelo. As entradas están á venda na web www.tanxugueiras.com e na plataforma www.ticketentradas.com.

Location : Auditorio Municipal Alovi - As Pontes

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto