Events Calendar help
As Cantigas de Elena + Convidados
Sunday, 19 July 2020, 20:00
Hits : 27

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou 679 612 655.
Reservas ata o sábado 18 ás 19:00.

---

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, algunhas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa de cea de noite boa de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podía permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As Cantigas de Elena.

O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parten os arranxos musicais, composicións e produción, que pretende transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.

Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latin Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño.

Para realizar estas melodías e o acompañamento musical, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería facerse ao vivo, aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.

Entrada: 7€
Bono anticipado para esta actuación e a de 'Ghaveta' (12:30): 10€

Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto