Events Calendar help
Tanxugueiras + Rodrigo Cuevas
Wednesday, 22 July 2020, 21:30
Hits : 37

TANXUGUEIRAS "desconfínanse" #SinsalLitoralSONEG

Con Rodrigo Cuevas no Castelo de Soutomaior, concerto de apertura do festival, mércores 22 xullo, 21:30

Será o seu primeiro directo tras o confinamento e un agasallo moi especial para o público. Tanxugueiras volven ao escenario e en Sinsal Litoral SON Estrella Galicia temos a fortuna de recibilas. Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío incrementaron as revolucións do folk galego nos últimos tempos conectando de maneira extraordinaria con novos públicos que ven no trío unha proposta contundente e fresca.

Tanxugueiras interpretarán "Perfidia" tema que forma parte do disco "Contrapunto". Tampouco descartan algunha sorpresa máis para o público 

*O concerto de Rodrigo Cuevas: Trópico de Covadonga co que se abre o Sinsal Litoral SON Estrella Galicia ten as entradas esgotadas.

Location : Castelo de Soutomaior - Soutomaior (Soutomaior)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto