Events Calendar help
Cuarteto Caramuxo
Thursday, 13 August 2020, 21:30
Hits : 49

Entradas anticipadas (5€) á venda no local e mais en Entradium.com (https://entradium.com/events/cuarteto-caramuxo-no-aturuxo) (sen gastos adicionais).
Aforo limitado. Prégase reservar previamente. Infórmate no local, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).

-----

O repertorio do Cuarteto Caramuxo baséase na reinterpretación da música tradicional galega. As claves da súa singularidade residen en dous feitos: por unha banda, a instrumentación e, pola outra, os arranxos.

Catro intérpretes de clarinete -que abranguen toda a familia do instrumento-, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica.

A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes musicais alleos.

Co apoio de Directos Xacobeo 21 en Salas.


Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto