Events Calendar help
Tanxugueiras
Friday, 14 August 2020, 21:30
Hits : 33

Concerto de TANXUGUEIRAS
Venres 14 de agosto
Praza de O Curro - Concello de Muros
21:30h
As entradas son gratuítas, o aforo é limitado e haberá que reservar praza no: 981 762 294 a partir do luns 10 de agosto.
En caso de choiva, as actividades realizaranse no centro cultural.

ℹ️ INFO
Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Location : Curro da Praza - Muros

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto