Events Calendar help
Algarabía? 2020
Sunday, 13 September 2020, 18:00
Hits : 34

Bueno, ben sabedes que a #Algarabía é momento de encherse a bicos e abrazos para todo o ano...máis a situación na que estamos agora mesmo nos quitou esa parte tan bonita, e case nos leva tamén tódalas ganas... De aí ese interrogante tan curioso.

Pero despois de darlle moitas voltas, decidimos que se había a posibilidade de facer menos dura a espera da #Algarabía2021...por que non facelo?

Así que apuntade, e ide marcando días nas axendas!!

SÁBADO 5

- Inauguración #ExposiciónsAlgarabía.
Galerías Colón  14.00 H

Volvemos encher o pobo de artistas que nos axudan un ano máis a facer da vila un gran museo!!
Compartirémosvos o folleto con todxs elxs en breves para que poidades ir armando a ruta, e poder desfrutar de TODAS as xeniais expos que temos este ano!!

- Concertos: Los TónikashSoulwide MusicAtmósfera 0
Rúa dos viños  20.00 H (PUNTUAIS)

Teremos música en directo a tarde-noite do sábado, contando ademáis con tódalas medidas de seguridade necesarias:

Uso de mascarillas obrigatorio
Control de temperatura antes de pasar á zona de concertos
Aforo limitado. O público deberá permanecer sentado, polo que o aforo estará marcado polo número de mesas dos locais da zona, contando estas coas distancias oportunas.
Barallamos tamén a posibilidade de colocar cinceiros en dicersos lugares para facilitar aos e ás fumadorxs a deposición das cabichas (está por confirmar)

Tamén teremos stand con merchandising, incluidas as bolsas de tea que xa vos presentamos anteriormente ^^

DOMINGO 13

- Ce e a Orquesta Pantasma + Contacontos (sorpresa)
Parque de Loriga  18.00 H

Contarase con tódalas medidas de seguridade necesarias, polo que tamén terá esta actividade aforo limitado.

ACTIVIDADE EXTRA

Estamos barallando a posibilidade de crear unha camiñata a modo de xincana que recorra Lalín, onde poder coñecer un pouco máis a nosa vila e amosarvos datos curiosos e interesantes sobre cousiñas que igual non sabedes...ou si!!

De facerse finalmente, será unha actividade a través da rede, facilitándovos a info a través dalgún enlace. Xa vos iremos contando!!

------------------------

E por último e despois de todo o anterior, dar millóns de grazas a todos os locais implicados que sempre están aí para botar unha man no que faga falla, a todolxs artistas que un ano máis confían en nós e nos axudan a por ben bonita a vila, ao Concello de LALÍN (sobre todo a Begoña e a Eva) polos ánimos e toda a axuda que precisamos para argallar estas cousas en tempos de pandemia (que sempre é máis complexo e confuso todo), e a vós, a todas e todos os que sempre estades animándonos a seguir.

SEXAMOS RESPONSABLES E PRIMEMOS A EMPATÍA POR RIBA DE TODO, para poder desfrutar desta #Algarabía? tan diferente

Location : Lalín

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto