¡Velaquí está, o cartel do XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero!
Este memorial é un acto moi importante para a AF Breogán de Moaña, no que rendimos unha homenaxe a Lola Diz, fundadora e primeira presidenta da nosa asociación e a Henrique Otero, o noso primeiro mestre de gaita. Dúas figuras que son referentes para nós e ás que seguimos lembrando.
Como xa anunciamos anteriormente, esta edición decidimos facela en formato dixital, para poder desfrutala alá onde chegue internet, co menor risco posible.
Este ano temos a dita de contar coa participación de:
Banda de Gaitas Raigames
Cans De Palleiro
A SENEIRA,Baiona
Os Carunchos
Os Terribles de Donas
Meiró
Maghúa
Trébede
Gambuzinos
O Son Do Río
Os Sibailas
Nós Os Outros
Dende aquí aproveitamos para agradecerlles a súa colaboración e o seu esforzo.