Como consecuencia das novas restricións sanitarias pola evolución da situación da covid-19, os concertos dos #MagostosnoGaiás deben reducir as súas prazas, o que fai imposible que todas as persoas que tedes entradas poidades asistir. Por este motivo, vaise proceder á devolución do importe das mesmas.
No entanto, vaise activar para cada unha das tres actuacións [24 e 31 de outubro e 14 de novembro] un paquete moi limitado de #convites de balde coas localidades permitidas. Para o de Luar na Lubre xa poderedes retiralas en Entradas Ataquilla.com ao longo do venres.