AVISO IMPORTANTE: SUSPENDIDA A XUNTANZA DE GAITEIROS DESTE SÁBADO POR RAZÓNS METEOROLÓXICAS
Debido ás condicións climáticas adversas que se agardan para este sábado -alerta laranxa por vento intenso de forza 8 en boa parte do litoral da provincia da Coruña-, a Banda de Gaitas Airiños de Fene e o Concello tomaron a decisión de aprazar a XXXII Xuntanza de Gaiteiros, prevista para mañá ás 20.00 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto González. O festival ía contar nesta edición coa actuación do grupo Tiruleque. Proximamente informarase sobre a nova data
Location : Praza do Alcalde Ramón José Souto González - Fene